Inventario de campás
Igrexa de Santa Columba de Carnota - CARNOTA (GALICIA)
Referencia 12246
Rúa de Santa Comba, Vilar.
15293 CARNOTA
Referencia 12246
Rúa de Santa Comba, Vilar.
15293 CARNOTA


Data de construción Século XVIII.
Descricion Santa Columba de Carnota é un dos templos máis interesante que podemos atopar entre Fisterra e Muros. A súa fábrica, construída no ano 1755, pódese clasificar como pertencente ao barroco clasicista, fiel expoñente da corrente cortesá da arquitectura borbónica.
O interior, abovedado en aresta en case tódolos seus tramos, presenta unha planta a medio camiño entre a cruz latina e a ordenación basilical con tres naves. Consta dunha entrada-vestíbulo sobre a que se eleva unha esvelta torre campanario de dous corpos superpostos rematados en cupuliña e pináculo. Os piares do corpo de campás están formados por pilastras xónicas. Séguelle en planta a nave maior dividida en catro tramos separados, levantándose sobre o último o coro ós pés. Na cabeceira só existe unha ábsida, presidida por un fermoso retablo do escultor Ferreiro, así como a sancristía apegada ó costado esquerdo.
O deseño da fachada principal anuncia formas compositivas neoclásicas que se xeneralizarán no século XIX. A orde corintia das súas catro pilastras, o frontón triangular e un óculo ovalado, enmarcan unha portada con molduras barrocas.
Campás 2 campás.
Editor da ficha Xosé Troiano
Actualización 31-08-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | OCAMPO, HERMANOS | 1970 | 86.00 | 368 |
| Torre-campanario | Maior. | OCAMPO, HERMANOS | 1970 | 103.00 | 633 |