Inventario de campás
Igrexa de Santo André do Mesón do Vento - ORDES (GALICIA)
Referencia 12639
Rúa Campo da Feira s/n.
15685 ORDES
Referencia 12639
Rúa Campo da Feira s/n.
15685 ORDES


Descricion Templo de planta rectangular dunha soa nave e capela maior. Os de dous volumes están diferenciados en altura, a nave principal máis alta ca capela maior. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave, e a tres sobre a capela, todas elas con tella curva do país.
A fachada principal de traza sinxela, presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso con arco rebaixado. Sobre o ingreso un oco de luz que dá luz o interior. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana franqueada por dous pináculos piramidais. A espadana consta de dous corpos, o primeiro formado por arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Salamanca pola Casa Cabrillo. O segundo corpo, un frontón triangular curvo sobre cornixa e franqueado por dous pináculos piramidais. Remata o conxunto unha cruz celta. Á esquerda da porta principal hai unha placa coa inscrición; “EN EL 50 ANIVERSARIO DE LA CONSTRUCCION DE / ESTA IGLESIA SE BENDICE ESTA PLACA / CONMEMORATIVA CON LA QUE SE QUIERE / AGRADECER A LA SEÑORA CELSA Y A TODOS / AQUELLOS QUE DONARON GENEROSAMENTE SU / ESFUERZO, TIEMPO Y DINERO PARA LEVANTARLA / MESON DO VENTO, 6 DE DICIEMBRE DE 2014 / (AÑO JUBILAR DE SANTA TERESA)”.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-01-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 0.00 | ||
| Espadana | Menor. | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 0.00 |