Inventario de Campás

Igrexa de Santa Mariña de Ribeira - CRECENTE (GALICIA)

(Referencia: 12764)
Lugar da Capela, s/n.
36493 CRECENTE


Data de construción Século XIX.
Descricion Igrexa do século XIX feita a base de perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás na ábsida que é a catro.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta alintelada, un ocelo e unha espadana central de dobre van con pináculos e cruz pétrea de remate. Os ocos son de arco de medio punto.
Esta igrexa posúe dúas capelas aos lados da nave.

Segundo referencias bibliográficas (testamento do abade D. Francisco Antonio Piñeiro e Garrido do ano 1830) a igrexa sufríu importantes obras como “a bufarda, a recomposición do Calvario e a maior parte do lado que da cara a Portugal”, entre outras.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (09-04-2018)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (17-02-2023)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 19-02-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.SANJURJO BADÍA, ANTONIO1896
    EspadanaMenor.SANJURJO BADÍA, ANTONIO1896

  • Ficha reducida (PDF)
  • CRECENTE: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-09-2024

    Connectats: 37 Visitants: 35 Usuaris: 2 - fernando - francesc