SANJURJO BADÍA, ANTONIO - VIGO (GALICIA)Fundidor Desaparecido |
Antonio Sanjurjo Badía naceu na localidade coruñesa de Sada en 1837. Á idade de 9 anos xa traballaba co seu pai, primeiro na reloxería e, despois, nunha pequena fundición. Con 17 anos emigra a Cuba e monta, cun socio gaditano, un taller de caldeirería de cobre, ferrería e fundición que anos despois, 1860, vende para volver a Galicia e co capital obtido comprar en Vigo a maquinaria dos talleres “Ortega y Baamonde”, pertencentes a un familiar. A empresa orixinal chamábase “La Fundidora” e estaba situada sita no barrio do Areal. Nesta factoría facíanse caldeiras e máquinas de vapor. En 1880 deu un enorme salto creando a grande empresa “La Industriosa”, na avenida Duque da Victoria, que posteriormente pasou a chamarse García Barbón, entre a fábrica da Barxa e as Escolas Públicas (TROIANO, Xosé). |
Nº | campana | any fosa año fundición | població población | edifici edificio | diàmetre diámetro | pes peso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Campá pequena (1) | 1890ca | VIGO | Igrexa de Santo Tomé de Freixeiro | 60 | 125 | existent |
2 | Maior. | 1896 | CRECENTE | Igrexa de Santa Mariña de Ribeira | existent | ||
3 | Menor. | 1896 | CRECENTE | Igrexa de Santa Mariña de Ribeira | existent |