Inventario de campás
Igrexa de San Miguel de Corzáns - SALVATERRA DE MIÑO (GALICIA)
Referencia 14643
Lugar de Petán, s/n.
36457 SALVATERRA DE MIÑO
Referencia 14643
Lugar de Petán, s/n.
36457 SALVATERRA DE MIÑO

Descricion Ubicada a escasos metros do Pazo de Petán, presenta planta rectangular, unha soa nave e fábrica a base de perpiaño de granito.
A fachada principal aparece organizada nun único lenzo e centrada polo van de acceso. Remátaa unha cornixa moldurada que circunda todo o perímetro do templo. O máis característico desta fachada é a superposición de tres molduras nos extremos superiores do muro. A inferior semella o remate ou capitel dunha pilastra, sucédea a moldura da cornixa que que envolve a igrexa e finalmente a moldura da cornixa superior coroada por pináculos. Por último, e centrando o lenzo, remata a espadaña dúplice e dividida en dous niveis por unha liña moldurada. Nesta fachada aparece gravada a data de 1910, que pode ser alusiva a algunha obra de reconstrucción.
O resto dos muros son igual de sinxelos no seu tratamento. Sen embargo tamén mostran elementos singulares como é a fiestra de arco triangular do lateral norte. Nesta mesma fachada tamén aparece un gravado que semella un blasón, e dous pequenos corpos adosados ao principal. Estes pequenos corpos sucesivos, mostran elementos como unha pilastra ou remates con pináculos e cruz central. No lado oposto tamén aparece adosado á nave outo pequeno corpo.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-04-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor | PEREIRA A SANCTUS, JOSEPHUS FELIS | 1821 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Maior | SANJURJO BADÍA, ANTONIO | 1889 | 58.00 | 113 |