

| | Data de construción |
Século XII. |
|---|
| Descricion |
A Igrexa de Santo Tomé de Serantes, de estilo Románico, está situada nun contorno natural especialmente fermoso. Data, segundo se pode comprobar na súa fachada, de 1170. A súa planta é rectangular, dunha soa nave, con muros portantes de perpiaño, ábsida rectangular, sancristía acaroada no muro sur e cubertas a dúas augas con cubrición de tella curva. No exterior do edificio destaca a fachada dividida horizontalmente en dous corpos por un tornachoivas entre contrafortes. No corpo inferior ábrese a porta baixo dúas orquivoltas lixeiramente apuntadas que descansan sobre columnas dobradas e un tímpano sostido por mochetas. O superior acollé a un rosetón enmarcado nun arco de medio punto sostido por columnas acobadadas. No lado sur (alterado polo adhesión da sancristía máis a torre da espadana) destaca a presenza dunha porta con arquivolta apuntada e tímpano con relevo sobre mochetas de cabezas de home e muller. Apreciamos a súa rica decoración a base de canzorros, que se estenden polos muros laterais.
No seu interior, consérvase un interesante baldaquino gótico de pedra que o visitante deberá coñecer antes de continuar o seu camiño. Nel pódese observar unha representación da Anunciación.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorPXOM de Leiro (25-06-2012) BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-04-2013) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-04-2013) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (14-04-2023) |
|