Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Anafreita - FRIOL (GALICIA)
Referencia 12923
Anafreita, s/n.
27229 FRIOL
Referencia 12923
Anafreita, s/n.
27229 FRIOL


Data de construción Século XIII.
Descricion A igrexa de San Pedro de Anafreita é unha construción románica do século XIII, de planta rectangular, cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas augas. Os muros exteriores da ábsida conservan varios modillóns lisos, mentres que o presbietrio atópase enmarcado polo arco triunfal.
O retablo maior, localizado no presbiterio da igrexa é de estilo neoclásico, pola súas características técnicas e estilísticas pode datarse no século XIX. A estrutura é moi sinxela, consta dun corpo principal dividido en tres rúas, cada unha das cales alberga unha escultura. Os dous retablos laterais , datados no século XVII son de estilo barroco. É posible que procedan do mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Os capiteis románicos forman parte das columnas que sosteñen o arco triunfal. Son de inspiración vexetal e presentan un sogueado na liña de unión co fuste liso das columnas. Realizados en pedra granítica, pertencen á época de construción da igrexa, no século XIII.
A pía de auga bendita ten un sinxelo adorno xeométrico sobre a parede.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-05-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878) | 1864 | 50.00 | 72 |