Igrexa de Santiago de Pardesoa - FORCAREI (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Pardesoa - FORCAREI (GALICIA)

Referencia 13829

Lugar do Sixto, 42.
36568 FORCAREI



Web

Descricion Igrexa dunha nave con planta de cruz latina polo adousamiento de dúas capelas laterais opostas, ábsida destacada en altura cuberta a catro augas, sacristía adousada polo norte e pórtico sobre columnas no muro sur con cuberta a unha auga. Fachada con portada de arco alintelado recercada de moldura plana, flanqueada por pilastras rematadas en pináculo.
O templo de Pardesoa conserva o seu corpo orixinal, de finais do século XV, pero foi obxecto de varias reformas, entre elas a do ano 1625, realizada polos mestres Xoán de Cadavide e Bartolomé Piñeiro, que traballaron na capela maior e na sancristía, e unha posterior revisión que foi efectuada por Pedro de Barro e Andrés García. A actual fachada data de 1822 e foi executada por mestres da propia parroquia, constando de tres corpos: o primeiro, no que figura a portada alintelada sobre a que se sitúan unha pequena xanela circular e unha fórnice coa imaxe da Virxe; o segundo, con dous arcos peraltados que albergan senllas campás, e o terceiro, un pequeno frontón de liñas onduladas e rematado en tres pináculos.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 30-05-2024

4 Fotos

Autor
  • PXOM de Forcarei (21-06-2002)
  • Concello de Forcarei [https://forcarei.gal/parroquia-de-santiago-de-pardesoa] (2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (29-05-2024)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (29-05-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (10-03-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenorDE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817)180150.0072
    EspadanaMaiorOCAMPO, HERMANOS198465.00159