| Descricion |
Da primitiva igrexa Románica do século XII, só se conserva a fachada, parte da planta e un lenzo na parede norte.
E un edificio de orixe medieval profundamente reformado en sucesivas campañas durante a idade moderna. Coñecida popularmente como “igrexa vella”
Consta de unha única e ampla nave en sillaría de granito, na que abren a ambos costados distintas capelas sepulcrais.
Hai indicios de que este templo existe desde o século VIII, como se viu nas escavacións feitas dentro e fora do templo no ano 1997 nas que aparecía a ábsida de unha capela.
O Presbiterio ten bóveda artística de pedra, con influencias templarias afrancesadas: Nace de catro nervios en cada esquina en forma de abanicos e entrecrúzanse no centro formando triángulos. En cada doela ten un signo cristián: Adán, a Virxe, Xesús…
En 1608 concertan o Abade e os veciños facer a Torre para as campás: está construída con tres corpos diferenciados; estando no último as campás e o reloxo (aínda en perfecto uso dende 1886). Está cuberta por una cúpula de pedra. No segundo corpo está o escudo do Conde de Monterrey, que era o que presentaba os curas para o seo posterior nomeamento.
A portada e de estilo románico, aínda que foi construído en 1516, de arco liso rodeado de tres arquivoltas sobre columnas con capiteis historiados con ornamentación vexetal e persoas en posición orante, rodeando as arquivoltas, unha banda de cabezas de cravo, moi típico das igrexas da Limia.
Hai tamén una “venera” que fai supor que estamos no camiño de Santiago (Camiño Portugués ou a Vía da Prata).
Durante as escavacións e uns traballos de acondicionamento, atopándose varios frescos no interior, tamén se pode afirmar que a Civitas Limicorun, atopábase no mesmo lugar que hoxe ocupa a igrexa, como xa dicían algúns historiadores.
Nos Libros de Visita, que se gardan no Arquivo Diocesano pertencentes a Parroquia, encóntranse entre outros os seguintes datos:
En 1595 di que “la iglesia era pequeña, baja y mal construída”. “La gente no cabía en ella”, aínda que en esa data Xinzo de Limia non tiña máis que unhas cen familias.
No mesmo ano 1595 o visitador manda que se derribe e que se faga una maior e máis ancha e que “tenga un buen atrio”. Polo que hai que comprar varias casas e tamén a cárcere que en aquela data estaba valeira.
Esta antiga igrexa parroquial de Xinzo de Limia, ten a advocación da patroa do concello, a Santa Mariña, nas funcións de parroquia foi cambiada por outra máis moderna, no século XX. |
---|
Campás |
4 campás. |
---|
AutorGAVILANES67 (PATRIMONIOGALEGO.NET) (11-03-2013) BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-11-2024) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-11-2024) |
|