

| | Data de construción |
Século XII-XIII. |
|---|
| Descricion |
A igrexa de San Fagundo conserva a súa fábrica románica no tramo correspondente á nave rectangular xa que a cabeceira orixinal derribouse no primeiro terzo do século xx para levantar unha nova, seguindo as solucións constructivas características do estilo barroco, é dicir, dispoñendo unha planta cadrada e unha anchura e alturas superiores ás da nave.
A actual espadana e a cabeceira de época moderna rompen a composición volumétrica típica dos templos románicos, onde a horizontalidade, o predominio da liña e o ángulo recto son unha constante.
Os muros construíronse con sillares de granito isódomos, colocados en fiadas horizontais, e teñen un espesor considerable, sendo maior nos lenzos laterais da nave que nos da súa cabeceira. Ditos muros levantáronse dispoñendo dos paramentos de sillares paralelos e renchendo o espazo existente entre ambos con ripio, é dicir, unha composición a base de pedra menuda e unha amalgama de area, cal e auga.
O tellado da nave dispónese a dúas augas tal como debeu de ocurrir no momento da súa construción en época medieval.
A porta principal de acceso á igrexa ábrese nun corpo que sobresae lixeiramente da parte inferior do hastial occidental. O vano de entrada enmarcado con dous contrafortes con chafláns e, entre ambos, podemos ollar cinco canzorriños con función decorativa e protectora. A portada consta de dúas arquivoltas e unha chambrana de directrices lixeiramente apuntadas.
Na cara exterior do tímpano consérvase un epígrafe, hoxe en día moi erosionado debido ás inclemencias e ó paso do tempo. Existen certas discrepancias entre os autores que analizaron á hora de interpretar a data da Era ó cal se refere o texto. Nembargantes, si se aceptan las propostas das últimas investigacións realizadas, a interpretación adecuada da inscrición sería a seguinte: e[ra] : m : CCXLIIII / VIII idvs marcii. Polo tanto, a data correspóndese co oito de marzo de 1206, momento indicativo da finalización das obras ou da consagración da igrexa.
O muro norte que sirve de peche lateral da nave apenas presenta elementos arquitectónicos chamativos. Para proporcionar iluminación ó interior do templo; nel abrese
unha sinxela xanela do tipo saeteira con arco de medio punto.
A fachada sur estructúrase dun modo homólogo á septentrional. Nela ábrese unha porta enrasada co muro que posúe un tímpano apuntado similar ó da portada principal, pero de dimensións máis reducidas.
No muro meridional practicouse unha xanela do tipo saeteira de arco semicircular para proporcionar luminosidade á nave.
A cabeceira que pecha a nave pola zona oriental presenta unha planta rectangular, é máis ancha e alta ca nave e cóbrese cun tellado a catro augas.
A portada principal, na súa cara interna, caracterízase pola disposición dun arco apuntado de sección triangular, perfilado en arista viva, e apoiado directamente sobre as xambas. Asimesmo apreciase o tímpano monolítico liso.
As características arquitectónicas e decorativas da igrexa de San Fagundo de Cea amosan unha estreita vinculación co veciño mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Oseira, cuio influxo no territorio adxacente maniféstase dun modo significativo e, incluso, propúxose a participación na construción do templo dedicado a San Fagundo de canteiros formados ou procedentes de Oseira.
Á hora de establecer unha datación para o presente monumento, ademais de contar coas pertinentes características arquitectónicas e estilísticas, disponse dunha referencia excepcional: a inscrición que figura na cara exterior do tímpano da portada principal de acceso, é decir, a occidental. Este texto epigráfico garda un estreito vínculo cun documento, datado en xaneiro de 1195, no cal menciónase por primeira vez a existencia dunha igrexa en San Fagundo de Cea. En base a esta información, a construción deste edificio pode datarse entre a última década do século XII e a primeira do siglo XIII. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-01-2025) MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-01-2025) www.romanicodigital.com [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_San_Fagundo_de_Cea.pdf] (29-01-2025) |
|