Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Moreiras - TOÉN (GALICIA)

(Referencia: 14549)
Lugar da Eirexa, s/N.
32920 TOÉN


Descricion A igrexa de Moreiras transformouse moito ao longo do tempo. Na actualidade atopáamonos ante unha magnífica igrexa cunha fachada barroca de tres tramos e balaustrada, rematada por dúas torres con cimborrio sobre o cruceiro. Dúas capelas a ámbolos lados do cruceiro proporcionan unha imaxe de planta de cruz latina. Nembargantes, a configuración orixinal debeu ser a dunha igrexa dunha nave rectangular, de grandes dimensións, rematada por unha cabeceira que seguiría este mesmo criterio. Co tempo fóronse engadindo as capelas laterais, a cabeceira e cimborrio e, finalmente, a nova fachada. Conservamos testemuñas do primeiro momento arquitectónico desta igrexa; por un lado, os muros laterais da nave; por outro lado, no interior da capela que se abreu no lado da epístola, no muro que a separa da nave, consérvanse unha serie de cinco canzorriños sobre o arco que dá acceso a este espazo. Este fragmento de cornixa, hoxe reubicado, debeu sin embargo servir de modelo para a cornixa que actualmente recorre a totalidade do perímetro do edificio. Esta compóñese dun aleiro de cobillas cortadas en nacela decorada con bolas, soportado por canzorros con cabezas e bustos, principalmente, e unha flor de catro follas modelo para os canzorros novos.
Os muros laterais da nave conservaron o paramento orixinal. Se ben o muro norte está
oculto polas estancias do almacén anexas á capela, no muro sur aínda son visibeis as xanelas en saeteira que dan luz á nave –a máis oriental algo modificada–. Ó interior, estas xanelas ábrense a ambolos lados en profundo derrame. Así, San Pedro de Moreiras, aínda que figura relacionada coa catedral auriense na primeira metade do século XXII, recibiu numerosos engadidos xa dende os seus primeiros momentos, cando se fixo a fábrica románica, tal vez entre os séculos XII e XIII. Deste modo, os canzorriños conservados no interior xa se presentan como tardíos para o século XII, mentres que as capelas laterais deberon engadirse á fábrica orixinal románica nun momento moi temperán, tal vez mediados do sécuo XIII.
Por outro lado, varios elementos chaman poderosamente a atención no interior desta igrexa. A bóveda casetonada que cubre o presbiterio e, dos numerosos retablos que nos atopamos nas diversas capelas, o do presbiterio, magnífico exemplar do barroco galego, de cinco tramos y tres andares, e o da capela do lado norte, gótico, de tres tramos, merecen especial atención.
Campás 4 campás (3 na torre esquerda e 1 do reloxo na torre dereita).
Autor
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (03-02-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (04-02-2025)
  • IMF, www.romanicodigital.com [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_Moreiras.pdf] (08-02-2025)
  • Asociación de Veciños de Moreiras [https://moreiras.org/igrexa-de-san-pedro-de-moreiras/] (08-02-2025)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 08-02-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Chapitel da torre dereitaCampá do reloxoANÓNIMO (GALICIA)
    Torre-campanario esquerdaMenorCAGIGAL ARROYO, ANDRÉS179765159
    Torre-campanario esquerdaMedianaBLANCO LEMOS, ANTONIO70199
    Torre-campanario esquerdaMaiorANÓNIMO (GALICIA)181090422

  • Ficha reducida (PDF)
  • TOÉN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 30-06-2026

    Connectats: 44 Visitants: 44 Usuaris: 0