
| | Descricion |
A igrexa ten planta de cruz latina e nave de dous tramos, cuberta con bóveda de canón. Arcos faixóns de medio punto que apoian sobre pilastras separan cada tramo. Unha sancristía acaroada a capela maior cúbrese con bóveda de canón transversal a nave, a capela conta con bóveda de aresta o e cruceiro cunha cúpula rematada nunha linterna octogonal con pináculo. A fachada é sinxela, con porta de arco de medio punto, e sobre ela un óculo circular. No lado dereito érguese a torre de campanario, de planta cadrada e rematada en cupuliña.
A destacar dous anxos tocando instrumentos que flanquean o acceso ao adro da igrexa máis un cruceiro no muro do mesmo a carón dos anxos. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorEIRÍN, Pablo / PATRIMONIOGALEGO.NET (10-06-2013) TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-06-2025) |
|