Inventario de campás
Igrexa de San Martiño da Ribeira - CERVANTES (GALICIA)
Referencia 14810
Lugar de San Martiño.
27661 CERVANTES
Referencia 14810
Lugar de San Martiño.
27661 CERVANTES


Data de construción Século XVIII.
Descricion Construída ao logno do século XVIII. De grandes proporcións ten unha nave rectangular que no interior se converten en tres (principal e dúas laterais), todas baixo a mesma cuberta a dúas augas e teitada en lousa. O frontis está coroado por unha torre moderna. Dúas amplas arcadas en cada lateral con apoio nun piar central que separa a nave central das laterais. As piastras forman os segundos puntos de apoio de todos os arcos, por riba dos que descanssa o tellaroz. O presbiterio garda a mesma liña da nave principal, mais o piso e máis elevado. Acaroada ao muro lateral está a sancristía que ten acceso directo dende o presbiterio. No interior conserva un retábulo maior barroco de tendencia neoclásica coas imaxes da Virxe e o Neno do século XVIII, San Miguel e o dragón e neno da man da mesma época ca anterior, a talla dun bispo posiblemente do século XVI e unha Virxe do do mesmo século. No ático imaxe do Pai Eterno e dous anxos.
Interesante pía bautismal con faixa escultórica en torno á cunca, delimitada por trenzados e diversa ornamentación xeométrica onde aparece a seguinte lenda: “Hizose ano de 1738 siendo obispo de Lugo el ilustrísimo S.B.D. Cayetano Gil Taboada y cura D. Luis Pardo y Andrade”.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 11-07-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1906 | 60.00 | 125 |
| Torre-campanario | Maior. | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) | 1900 | 65.00 | 159 |