Inventario de campás
Capela-taberna da Illa de Sálvora - RIBEIRA (GALICIA)
Referencia 14899
Illa de Sálvora
RIBEIRA
Referencia 14899
Illa de Sálvora
RIBEIRA


Descricion A Capela-Taberna de Sálvora é un exemplo paradigmático que nos amosa cómo a arquitectura pode trascender no tempo, máis alá dos usos para os cais foi concebida e construída.
Esta pequena edificación, realizada en pedra, con planta rectangular e cuberta a dúas augas, foi na súa orixe unha taberna mariñeira, debido a súa situación a escasos metros do Embarcadeiro e da antiga Fábrica de salazón.
A posterior conversión da Fábrica de salazón en pazo, unido á menor afluencia de mariñeiros, fixo que o seu uso decaera, polo que en 1960 se transformara en capela, engadíndolle un campanario no exterior, unha pequena pila bautismal e un altar no interior.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-08-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | CANSECO, ANTONIO (MADRID) | 1895 | 25.00 | 9 |