

| | Data de construción |
Século XII. |
|---|
| Descricion |
Está situada á beira da estrada de Camposancos e trátase da parroquial de Coruxo. A súa cabeceira data do século XII, sendo o resto do templo dunha época posterior; nun principio funcionou como Mosteiro dependente do de Melón. Inicialmente debeu estar formada por unha planta basilical quedando a día de hoxe só as ábsidas da capela maior (tres), sendo a central a de maior altura e porte. No exterior podemos ver diferentes xanelas semicirculares varias delas adornadas con arquivoltas e capiteis con diferentes formas. O interior composto por arcos triunfais e de medio punto, e diferentes tipos de bóvedas que sosteñen un teito de tella do pais. Destaca o adro do templo, onde podemos ver dous fermosos cruceiros e unha oliveira centenaria.
No PXOM de Vigo aparece relacionada cunha necrópole. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorXokas / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/9955/2011/11/igrexa-e-necropole-de-coruxo/] (22-11-2011) CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-11-2025) |
|