

| | Descricion |
Igrexa dunha soa nave con forma de cruz latina e dunha altura moi elevada, de estilo barroco compostelán. Ten cuberta de tella cerámica a tres augas en cada brazo do cruceiro e no presbiterio, sobre muros de sillería regular reforzados con contrafortes laterais. A fachada presenta porta alintelada e con molduras esteadas nos ángulos, cartela e ventana rectangular enmarcada con listeis. Nos extremos ten pilastras cadradas arquitrabadas e rematadas en esbeltos pináculos. No alto ten un campanario cadrado moi estilizado, con catro ventanas de arco de medio punto, balcón abalaustrado, refundidos e placas barrocas. No alto remata nunha cúpula de pedra e unha cruz de ferro. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorRÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/69912/2015/03/igrexa-de-san-bartolomeu-de-berrande/] (06-03-2015) HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-05-2026) |
|