Inventario de campás

Igrexa de San Cristovo do convento de Vistalegre - VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA)

(Referencia: 15588)
Rúa Vista Alegre s/n. Vilagarcía de Arousa.
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA


Data de construción Século XVII.
Arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga
Descricion Igrexa de San Cristobal, de estilo barroco, foi mandada construír polo arcebispo Fernando de Andrade no século XVII, sobre a primitiva ermida de San Cristóbal. Encima da porta de acceso sitúase o escudo de armas. A influencia do arte compostelá é evidente.
Contrátanse grandes artistas da época que traballaban na catedral de Santiago e no Mosteiro de San Martín Pinario. Como arquitecto traza os planos Bartolomé Fernández Lechuga, personaxe prioritario da arquitectura compostelá. As obras foron executadas por Sebastián Monteagudo. No retablo traballou Bernardo Cabrera xunto o Escultor Mateo del Prado, ambas figuras destacadas do arte barroco de Galicia. O retablo actual substituíu o orixinal de Cabrera no ano 1762.
Este templo é coñecido co nome de Igrexa de Santa Rita. Santa Rita de Casia goza de gran devoción entre os vilagarciáns e veciños de todo O Salnés, que recorren á “avogada dos imposibles” para que lles axude a resolver os seus problemas.
As celebracións teñen marcado carácter relixioso: desde moi temperán e durante todo o día celébranse misas no templo ás que acoden centenares de fieis de toda a comarca. Pola tarde ten lugar unha multitudinaria procesión que percorre as principais rúas da vila. Unha feira celta na contorna do convento, concertos e verbenas complementan o programa.
Campás 2 campás.
Autor
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-05-2026)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) [https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/19947/igrexa-de-san-cristobal?langId=gl_ES&ctre=34&tp=8] (18-05-2026)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 18-05-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.ANÓNIMO (GALICIA)4037
    EspadanaMaior.DE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817)177365159

  • Ficha reducida (PDF)
  • VILAGARCÍA DE AROUSA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 21-05-2026

    Connectats: 131 Visitants: 131 Usuaris: 0