| Descricion |
O Mosteiro da Concepción, coñecido nun principio como Convento de la Encarnación Francisca de Coto de Otero, foi fundado o 8 de decembro de 1656.
Uns anos antes, Dona María Pardo de Andrade, fundadora do convento e viuva do Licenciado e Oedor da Real Audiencia de Galicia, Don Agustin Quejada, estaba enferma cando otorgou testamento pechado a fe de Francisca Díaz Durán, o 25 de outubro de 1639. Un testamento que non sería aberto ata o 8 de novembro de aquel ano e no que a Señora Pardo de Andrade ordenaba que se levantara o convento, do que nomeou patróns ó Capitán Pedro Fernández de Vaamonde e á súa esposa, María Pardo Castro e Pimentel.
O 23 de agosto de 1714 o Papa Clemente XI expediu unha Bula aprobando a construcción do convento que, nun principio, estaría dotado para 30 relixiosas.
A casa e horta sobre a que se edificou o convento estaba situada xunto a unha das portas da muralla de Mondoñedo, concretamente, a Porta Batitales. Esta foi derrubada ó igual que o resto das portas da muralla e, actualmente, non se conservan restos de ningunha delas que nos poidan dar unha idea de como eran.
O convento posúe un importante conxunto artístico e obras de interese cultural.
A portada ábrese no muro dereito e consta de dúas pilastras de media caña, tipo dórico, sostendo unha cornixa e frontón circular acabado en bolas. Sobre a cornixa atópase unha imaxe da Inmaculada. Enriba do conxunto aparece o escudo do Bispo Muñoz e Salcedo, o da orde de San Francisco e o do patrón do Convento. Xunto a este último sitúase unha inscripción co texto: "Estas armas son del fundador del convento".
A cúpula do convento aparece ó exterior dando o seu encanto a esta parte da cidade.
O campanario é unha torre barroca sinxela con dous corpos coronados por unha cúpula pequena e bolas de pedra e remate de cruz de ferro.
O retábulo da igrexa configura un fermosísimo conxunto barroco, unha réplica do Convento dos Picos. Sobre o expositor aparece un relieve da Anunciación da Virxe coas figuras do Pai Eterno e do Espíritu Santo na parte superior. Este relieve é a imaxe do titular do templo, a Encarnación. MONDONEDO.NET (21-09-2016) |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-11-2022) |
|