Inventario de Campás

Igrexa de San Martiño de Laxe - MORAÑA (GALICIA)

(Referencia: 11848)
Lugar da Penagrande, 21.
36668 MORAÑA

Descricion Igrexa de planta de cruz latina dunha nave. Capela rectangular está cuberta con bóveda de crucería dunha clave e os nervos descansan en ménsulas. O Arco triunfal de medio punto descansa sobre pilastra cadrada e un muro cuberto por bóveda de crucería. Presenta brazos de medio canon transversal e nave e arcos faixóns de medio punto sobre pilastras. Liña imposta que percorre toda a nave. Sancristía con bóveda de medio canón.
O seu frontal é exemplo do estilo imperante na zona no século XVIII, mostra do fino traballo dos mestres canteiros locais. Na fachada principal conta cunha torre-campanario á dereita, de tres corpos e destaca a porta de acceso principal con arco de medio punto. Sobre o ingreso unha fornela coa figura de San Martiño.
Presenta muros de cadeirado de granito. A cuberta é de tella a dúas augas e no seu interior garda unha cruz de prata de principios de século XVIII, obra do prateiro compostelán Domingo Trianes.
Campás 2 campás.
Autor
  • PXOM de Moraña (03-08-2001)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (03-01-2024)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    GARCÍA GIMÉNEZ, AlfredoVai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza2020
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 05-01-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)181970199
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)188895496

  • Ficha reducida (PDF)
  • MORAÑA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 26-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 76 Visitants: 75 Usuaris: 1 - francesc