OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA) - CALDAS DE REIS (GALICIA)

Fundidor Desaparecido
Juan Ocampo (1880-24-07-1954), é fillo de Melchor Ocampo e Francisca Barreiro Monteagudo, ó que sucedeu moito antes do falecemento do seu pai o día 12 de maio de 1913, cando tiña 66 anos de idade. Aprenderon o oficio Juan e José, pero este último abandonou cando se casou, aínda que lle axudaba de vez en cando.
Juán seguío só ó fronte da fundición. Casouse dúas veces, do primeiro matrimonio non tivo fillos o quedar viúvo moi pronto. Do segundo matrimonio, casado con Josefa del Río Baliñas (1888-1967) tivo 14 fillos, dos cales tres non morreron ó nacer.
Juan consegue un gran contrato, en 1935, para fundir unha campá de 8.000 kg para a catedral de Santiago de Compostela pero o estoupido da guerra civil truncou o contrato. Fixo moitas campás que non levan o seu nome pero hai moitas que si levan e que din así: "JUAN OCAMPO / METALES FINOS / Fundidor de Campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES".
Fundíu campás dende o 1927; campá grande de San Pedro de Lantaño, Portas, Pontevedra, ata o ano 1954 que fundíu a campá grande de Santa Eufemia de Arteixo, A Coruña, de 75 cm de diámetro, 58 cm de alto e duns 244 kg de peso. Esta sería a última ou unha das últimas asinadas por Juan Ocampo, finando ós 74 anos. (Nota de Xosé TROIANO - 31-10-2018)

Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

AutoresData
TROIANO CARRIL, Xosé - San Vicente de Vigo (Carral, A Coruña)2018
2 fotos de OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)

Fabricació de campanes (1943-1952)

campanaany fosa
año fundición
població
población
edifici
edificio
diàmetre
diámetro
pes
peso
1 Cristo da Vitória maior (6) 1943VIGOConcatedral de Santa María 1231077 existent
2 Campá pequena (1) 1952CARRALParroquia de San Vicente de Vigo 71207 existent

  • CALDAS DE REIS (GALICIA): Campás, campaneiros e toques
  • Campaneiros
  • Fundidores de campás
  • Empresas de mantemento
  • Reloxeiros
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    Buscar campá, campanario, poboación, fundidor, ano fundición, epigrafia, autor, artigo
    © Campaners de la Catedral de València (2018)
    campaners@hotmail.com
    : 14-12-2018
    Convertir a PDF