
| Data de construción |
Século XVII. |
---|
Descricion |
A igrexa do século XVII ten planta rectangular, con corpos acaroados a ambos lados da nave e cerca da cabeceira, onde vai sancristía. Os muros están feitos a base de cadeirado regular de granito. Tellada a dúas augas, agás nos engadidos laterais que van a tres, e cuberta con tella do país. Fachada con porta alintelada e percorrida por catro pilastras rematadas en capiteis que sosteñen unha cornixa saínte que conforma no cume un frontón triangular que leva no medio unha cruz de mármore branco e pináculos nas esquinas . No medio unha fornela leva a figura de San Cristovo. A torre do campanario arranca dunha base cadrada con cornixa saínte de onde arranca outro que leva catro vans con arco de medio punto onde van as campás. Despois doutra cornixa moldurada aséntase unha pequena cúpula rematada en pináculo. Pódense ver aínda partes do antigo templo románico na cabeceira como canzorros e unha ventá cega con arco de medio punto , capiteis xónicos e arquivoltas con adornos xeométricos, Unha figura pousada ocupa o van. Accédese ao adro por unha gran escaleira barroca con fermosa balaustrada e decoración de placas. Existe outra máis pequena, pero do mesmo estilo para acceder a zona da cabeceira . A igrexa está moi cerca do Castro de Xavestre que queda a 200 m. ao nordés.
En 2024 trocáronselle as campás; una delas rota fai anos e a outra recén rota, por outras dúas fundidas por Chicho Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorVIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (03-07-2013) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-04-2025) |
|