| Torre | Concatedral de San Xiao (Referéncia: 2256) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Povoazón | FERROL | ||||
![]() | |||||
| Descrición |
O Beato Xoán XXIII, cunha bula de data 9 de marzo de 1959, establece a dobre capitalidade da diocese, Mondoñedo e Ferrol, concedéndolle tamén á Igrexa de San Xiao da cidade departamental o título de Concatedral. No ano 1959 ten lugar en Ferrol a inauguración oficial da Igrexa de San Xiao como Concatedral. E será a partires dese ano cando a diocese, con dúas sés, pasará a chamarse de Mondoñedo-Ferrol. A Igrexa de San Xiao está dedicada ao patrón da cidade. Foi construída a finais do século XVIII segundo proxecto do enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort en 1766, substituíndo á primitiva igrexa románica. Está construída cun estrito estilo neoclásico, con planta de aspecto cruciforme e organizada ao redor dunha cúpula que se sustenta por catro grosos alicerces jónicos á que se abren sendas capelas cubertas de bóveda de canón e bóvedas caídas ao exterior. O conxunto áchase flanqueado por dúas esveltas torres con catro vans baixo arcos de medio punto. O exterior das cúpulas que rematan as torres está realizado en sillería granítica. A festa de San Xiao é o 7 de xaneiro | ||||
| Graffitti |
Na reixa e acceso ao templo hai unha cruz patriarcal e embaixo di "PARROQUIAL / DE / SN JULIAN / DE / FERROL / 1772" No adro do templo hai unha lápida de pedra que di
Hai tamén outra placa, de bronce fundido, onde pon
Nunha porta, con pintura vermella, di "J. P. C." | ||||
| Conservación actual |
O conxunto está en avanzado proceso de abandono, con risco de caída das dúas campás maiores a medio prazo. Hai un perigo inminente de rotura das dúas campás maiores, xa que os badalos son desproporcionados e pegan demasiado baixo. | ||||
| Protección | A Catedral carece de protección específica como monumento. | ||||
| As campás |
A catedral conta con dous conxuntos ben diferenciados de campás. Na torre das campás hai tres, que probablemente puideron voltear nas súas orixes, pero que nos últimos corenta ou cincuenta anos foron soamente tocadas co badajo para grandes ocasións. A campá menor conta con cigüeñal para o volteo, contrapeso de ferro e foi fundida por Manuel QUINTANA en 1959, así como a campá mediana, fundida polo mesmo en 1961, aínda que conservando o contrapeso de madeira orixinal e anterior. A campá maior é obra de Juan María da Sota de Lugo, fundida en 1898 e tamén cun contrapeso de madeira impoñente e probablemente anterior. | ||||
| Toques tradicionais | Probablemente a campá pequena utilizábase para as misas diarias, e as outras dúas, tocadas desde abaixo, para os sinais de diario, os toques de defuntos e as misas maiores, subindo á torre soamente para repicar, con forza, para as procesións e outras festas maiores. | ||||
| Toques actuais | As campás tócanse manualmente, desde a mesma sala de campás, para as dúas ou tres procesións anuais máis importantes, así como para toques de defuntos extraordinarios, como a morte do último papa. | ||||
| Actuacións | Non hai actuacións recentes na Catedral. | ||||
Autors da ficha da torre
| |||||
| Editores da ficha | ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc | ||||
| Actualización ficha | 30-07-2009 | ||||
| Bibliografia (es pot ordenar per autor o per any) (se puede ordenar por autor o por año)
| |||||
| 44 fotos do campanario | |||||
| Fichas de todas as campás | |||||
| Localización | Campá | Fundidor | Ano | Diámetro | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre das campás | Xesus, María e José (1) | QUINTANA, MANUEL (SALDAÑA) | 1959 | 46 | 56 |
| Torre das campás | San Xiao menor (2) | QUINTANA, MANUEL (SALDAÑA) | 1961 | 105 | 670 |
| Torre das campás | San Xiao maior (3) | SOTA, JUAN MARÍA DE LA (LUGO) | 1898 | 129 | 1243 |
| Torre do reloxo | Campá do reloxo (A) | 1797 | 53 | 86 |
![]() Rellotge mecànic (1) | |
| Data | 1880ca |
|---|---|
| Remontatge | Motor elèctric |
| Funcionament | Parat |
| Existència | Existent |
| Descripció |
Hai un reloxo mecánico, que foi modificado para dotalo de remontaje eléctrico. No día da toma de datos estaba parado por revisión. A porta de acceso ao reloxo está pechada con chave, como é habitual. Na sala do reloxo hai diversos carteis de carácter técnico: "¡¡PELIGRO!! / NO TOCAR LA PALANCA / NI EL INTERRUPTOR / CORTAR LA CORRIENTE SOLO / EN CASO DE AVERIA" / "FENYA / FABRICACIONES ELECTRICAS / NAVALES Y ARTILLERAS S. L. / EL FERROL DEL CAUDILLO". Tamén as rodas e engrenaxes están numerados. Mostra do reloxo: os números romanos son modernos (tradicionalmente ponse a metade inferior cara abaixo). |
![]() |
||